Noticias

(20.03.2024) Tarefas de limpeza en distintos puntos do concello

 
  • Continuamos con  tarefas de limpeza de maleza, nas estradas, camiños  e beirarrúas de distintos puntos do noso concello (entrada a Lobios, zona das piscinas, Pazos, Paraño…)
  • Estas intervencións, realizadas polos servizos municipais do Ges Lobios, axudan a  manter en bo estado a nosa contorna e facilitan a accesibilidade de peóns e vehículos.
Ver noticia
O GES de Lobios recibe un novo vehículo para as súas intervencións

(20.03.2024) Novo vehículo para o GES de Lobios

 
  •  O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, fixo entrega hoxe, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais Ges Lobios, dun  novo furgón todoterreo 4x2 de servizos varios, que será de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios.
  • Un vehículo que ademais  vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura.
Ver noticia
Área autocaravanas en Ríocaldo

(19.03.2024) Nova área de servizo para autocaravanas

 
  • No concello de Lobios, concretamente en Riocaldo, contaremos, a partir da próxima semana, cunha nova área de servizo para autocaravanas.
  • Un proxecto acollido ao  Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal da Deputación de Ourense,  que contará con 15 prazas para este tipo de vehículos, e que segundo a nosa rexedora, Mari Carmen Yáñez "trátase dun servizo máis, que se pon a disposición dos autocaravanistas, tratando de que todas aquelas persoas que nos visitan dispoñan de un espazo propio, adaptado as súas necesidades, para que poidan desfrutar de tódolos recursos que ofrece o noso concello: termalismo, natureza…”.
Ver noticia